Revista da Sociedade cultural, recreativa e deportiva Fillos de Ois www.fillosdeois.org As 4 aldeas Maio 2015 Número 64 www.fillosdeois.org Día das Letras Galegas XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE Letras Galegas 2015 Excursión ao Bierzo e Astorga Sardiñada Comisión de Festas De gallego a criollo I Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das letras Galegas Ois como punto estratéxico militar Lembranzas das catro aldeas Integrantes da Comisión de Festas do ano 2015 Unha curiosa colección Día: Sábado 16 de maio LETRAS GALEGAS 2015 Hora: 18,30 h. Lugar: Biblioteca As 4 aldeas é a revista da Sociedade cultural, recreativa e deportiva Fillos de Ois. Con esta cabeceira naceu en setembro de 1923 en Bos Aires, retomándose a súa edición en 1999. Edita: S.C.R.D. Fillos de Ois Santa María de Ois Coirós 15316 A Coruña Correo electrónico: [email protected] Os actos renderán homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, a quen este ano está dedicado o Dia das Letras Galegas. Programa de actos: -18,30 h: Aproximación ao autor homenaxeado. -19,30 h: Servirase un aperitivo na sala de usos múltiples (baixo social). EXCURSIÓN AO BIERZO E ASTROGA Día: Sábado 27 de xuño de 2015 Programa. Páxina web: www.fillosdeois.org Hora de saída: 8,00 horas Imprime: Vazmar - Betanzos. Tlfno. 981 773 492 O prezo, que inclúe a viaxe en autobús, as visitas e o xantar, é de 30 euros para os socios e beneficiarios e 35 euros para os non socios. Visitaremos a comarca do Bierzo, Ponferrada e Astorga. Poderemos pasear por mercados, ver lugares de interese e monumentos desta comarca da provincia de León. Depósito Legal: C2562-2012 A S.C.R.D. Fillos de Ois non se identifica necesariamente co contido dos artigos nin coas opinións dos seus autores. Os tiques poderán retirarse os domingos 14 e 21 de xuño en horario de 12,30 h. a 13,30 h., nas oficinas sociais. Actividade organizada pola “Asociación de Veciños de Santiago de Ois” e a “SCRD Fillos de Ois”. Permítese a reproducción dos contidos publicados sempre que se cite a súa procedencia. FILLOS de OIS SARDIÑADA Día: Sábado 4 de xullo de 2014 Hora: 14,30 h. Lugar: Instalacións sociais Tiques: Socios: 8,00 euros. Non Socios: 12,00 euros. Para os Beneficiarios menores de 7 anos a actividade é gratuita pero deberán retirar tique. COMISIÓN DE FESTAS A Comisión de Festas para o ano 2015 inicia a súa andaina. Ramiro Romeu, José Manuel Pérez, Alberto Naveira e José Roca son os catro veciños que este ano se encargarán de organizar as festas patronais de Santa María de Ois. Piden a colaboración de todos para poder levar a cabo as festas que a parroquia se merece e así poder disfrutar duns merecidos días de lecer no mes de agosto tanto veciños, como veraneantes e convidados. Animámolos e expresámoslles a nosa gratitude, seguros de que teremos unhas animadas e concorridas festas. Retirada de Tiques: Domingos días 14, 21 e 28 de xuño, en horario de 12,30 h. a 13,30 h., nas oficinas sociais. NOTA: Lémbrase aos Socios para poder asistir a esta actividade é preciso ter abonada a cota social do ano 2015. 2 Maio 2015 XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE Foi membro da Real Academia Galega desde 1941 e vogal do padroado do Instituto da Lingua Galega a partir de 1972, Filgueira Valverde foi, así mesmo, o primeiro conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia entre 1982 e 1983 e o segundo presidente do Consello da Cultura Galega, de 1991 a 1996. Miguel Gayoso Barreiro Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finou na mesma cidade o 13 de setembro de 1996. Despois de rematar o bacharelato cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde comezou tamén a carreira de Filosofía e Letras, que rematou en Zaragoza. En 1935 inicia o seu labor na ensinanza como catedrático de Lingua e Literatura do Instituto Balmes de Barcelona, desde o que se traslada ese mesmo ano a Lugo. En 1940, acada praza no Instituto Masculino de Ensino Medio de Pontevedra, do que será director entre 1946 e 1976, data da súa xubilación. Desde moi novo mantivo un firme compromiso coa cultura galega. A súa produción intelectual é extensísima. Máis de catro mil cincocentas referencias bibliográficas entre libros, folletos, artigos publicados na prensa e en medios especializados, cursos e conferencias. A temática relacionada, na súa meirande parte, coa investigación da historia e a cultura de Galicia. Filgueira Valverde participou, así mesmo, na creación e impulso dalgunhas das empresas culturais máis relevantes da Galicia do seu tempo. En 1923, cando tiña 17 anos de idade, impulsou a fundación do Seminario de Estudos Galegos con Armando Cotarelo Valedor, Castelao, Lois Tobío, Cabeza de León, Gómez Román, Bouza-Brey e outros. O Seminario foi unha institución clave na modernización dos métodos de investigación da realidade social e cultural galega. Despois do peche do Seminario, decretado polo réxime 1983 e o segundo presidente do franquista, Filgueira Valverde foi un Consello da Cultura Galega, de 1991 dos promotores da entidade que o a 1996, entre outros moitos cargos de sucedeu, o Instituto de Estudios carácter político-cultural. Gallegos "Padre Sarmiento", Participou na fundación do Partido fundado en 1943 como unha sección Galeguista en Pontevedra. As súas integrada no Centro Superior de conviccións lévano a abandonar este Investigaciones Científicas (CSIC), partido e a fundar a organización que Filgueira Valverde dirixirá entre Dereita Galeguista en 1935 . Foi 1971 e 1981, período no que rexe Acalde de Pontevedra de 1959 a tamén a súa publicación periódica, 1968. Cuadernos de Estudios Gallegos. Entre a súa obra destaca Vocabulario O proxecto no que Filgueira popular galego-castelán (1926Valverde investiu os seus maiores 1928), o Programa de un curso de esforzos cfoi o Museo Provincial de Literatura Gallega (1933), o estudo Pontevedra. Concibido orixinalmente La Cantiga CIII. Noción del tiempo y como unha institución continuadora gozo eterno en la narrativa medieval da Sociedad Arqueológica de (1936), o Cancioneiro Musical de Pontevedra, o Museo de Pontevedra Galicia (1942), o Archivo de é fundado en 1927 e que será o seu Mareantes (1946) a Guía breve del director entre 1940 e 1986. Museo de Pontevedra (1969), os O Museo de Pontevedra foi artigos recollidos nos volumes Sobre aumentando progresivamente as súas lírica medieval gallega y sus instalacións e un catálogo formado perduraciones (1977) e Estudios por mostras de carácter arqueolóxico, sobre lírica medieval (1992), e as histórico, artístico e etnográfico, ata coleccións de artigos xornalísticos completar unha colección de pezas publicados no Faro de Vigo reunidos que achegan unha visión panorámica en nove volumes baixo o título de da evolución das artes galegas desde Adral. a súa orixe ata a Idade Fonte documental Real Academia Contemporánea. Dentro dos seus fondos atópase o legado de Castelao, Galega: http://realacademiagalega.org/ gracias as xestións do propio Filgueira. Foi membro da Real Academia Galega desde 1941 e vogal do padroado do Instituto da Lingua Galega a partir de 1972, Filgueira Valverde foi, así mesmo, o primeiro conselleiro de Cultura da Xunta de Museo Provincial de Pontevedra. Visita que fixo a Sociedade Galicia entre 1982 e Fillos de Ois nunha excursión que tivo lugar en agosto de 2013 3 Maio 2015 DE GALLEGO A CRIOLLO (I parte) Con sólo 17 años abandonó su aldea, su familia, sus sueños . . . Agustín e Isabel tuvieron que tomar una determinación: o dejaban a su hijo mayor alistarse al Servicio Militar y servir de carne de cañón en la guerra con Marruecos o salía al mundo a buscar otros parajes y destinos. Preservar la vida era decisivo y así fue. Ana Milagro Martínez Transcribimos nestas páxinas un artigo de Ana Milagro Martínez, cubana de nacemento, aínda que con raíces nesta terra de Coirós. O traballo foi publicado no número 114 de “Cova céltiga”, boletín da comunidade galega de Cuba. Ana Milagro Martínez relata, de xeito apaixoado a historia de seu pai, Pablo Martínez, o maior dos trece fillos que tiveron Agustín Martínez e Isabel Souto, veciños da parroquia de Santiago de Ois, coñecidos como “os de Souto”, emigrado a Cuba, coma outros moitos galegos, na primeira metade do século XX. A historia de “Pablo de Souto” é representativa dunha xeración que deixou a súa terra nai empurrados pola necesidade vital de atopar unha vida mellor. Como tódolos emigrantes galegos, Pablo xamais esquecería ás súas raíces. Dada a súa extensión, publicaremos a segunda parte desta historia no próximo número de “As 4 aldeas” Estaba naciendo la primavera de 1907, cuando un día grisoso y airado vió nacer en aquella aldeita de La Coruña, Galicia, en la parroquia de Santiago de Ois, del Distrito de Coirós, a uno de los 13 hermanos Martínez Souto: Pablo, que sería el mayor de los hermanos de esta larga, numerosa y peculiar familia. Su padre, Agustín, jornalero y labrador, tenía entonces 23 años; no tenía cédula personal por no saber leer ni escribir y por ser pobre, y su madre Isabel Souto Seoane, de 19 años, jornalera también; ambos provenían de familias trabajadoras y honradas. Su casa lo más humilde, ni siquiera tenía número, pero era confortable, preparada para la llegada de tantos miembros, hecha por las manos callosas, duras y firmes de Agustín, pedrero de la zona, a quien acudían los aldeanos necesitados para construir sus casas, a la usanza de las necesidades de los campesinos, sin descuidar sótanos para los animales, secadero, saladero, almacén de trigo, cebada y patatas, cocina espaciosa y preparada para dar a la familia calor, estancia y comida. En esa cocina vio Pablito a su madre Isabel, pequeña pero incansable mujer, una y otra vez cocinar pan y tortilla, las filloas que no faltaban, elaboradas en aquella cocina de piedra de 4 platos, que al calentarse eran suficientes para hacer decenas, que se devoraban una y otra vez. El puchero, el cocido de garbanzos, el queso, las patatas, no podían faltar en la humilde morada, después de una larga jornada en el campo junto al padre y otros parientes que eventualmente moraban la casa. 4 Pablo Martínez Souto Una mañana de 1914 el tío, que también vivía en la casa, faltaba por más tiempo del normal, era costumbre sentarse todos a la mesa, "a comer y a misa, una sola vez se avisa", como Pablito solía decir, una y otra vez hasta los últimos días. Pues fue mandado el pequeño Pablo a averiguar y traer el tío, y cual no sería su sorpresa al llegar al campo y verlo bocabajo, tirado, sin aliento, exhausto de apilar yerbas. En una sóla carrera llegó a casa, aún cuando tenía que hacer un largo trecho. Esa memoria la guardó siempre y cuánto no habrá sufrido aquel niño de 7 años al ver a un ser querido sin alma ya. Fueron naciendo de a poco otros hermanos: Manuela, José, Rosa, Francisca, María, Isolina y Antonia; otros vendrán después..., pero mi padre Pablo ya no los conocería, ni vería nunca más a varios. De manera que los abuelos Isabel y Agustín crearon una familia de 13 hijos e hijas. Fue en aquella época que Pablo comenzó a sentir que la luz se le iba, se alargaba y sus ojos no le Maio 2015 respondían, aguardaba impaciente la oscuridad del cuarto que compartía con sus hermanos, se adaptaba fácil a ella, sus ojos enfermaban . . . La abuela se desesperaba haciendo remedios caseros sin ver mejoría, ¿qué será?. Entonces le aconsejaron llevarlo al mar, darse baños de agua salada y abrir los ojos, ver el fondo. Ese recuerdo lo acompañó siempre, de ahí el infinito amor al mar, azul como sus ojos, amor a abrir los ojos, disfrutar de la tibieza de las playas, de la calidez de sus aguas mansas. Su amor al agua de mar lo curó entonces y le dejó una huella marinera para toda la vida, quizás por eso también tanto gusto por el pescado y el bacalao, añoranza de su infancia y juventud aldeana. Su aldea lo envolvió en las costumbres dulces del campo, que siempre lo acompañó, a través de sus recuerdos claros, como el amor a la tierra, al cultivo, crear y crecer, a ver el verde incansable e infinito que da vida y paz. Su refugio fue la tierra, tras ella siempre fue, aún cuando otras ocupaciones lo devoraban en su duro bregar. De su aldea recordaba los domingos en la iglesia, la escuela humilde a la que casi no pudo asistir, por el duro trabajo de la tierra, las fiestas de la uva dónde las muchachas más bonitas eran escogidas para al son de la pandereta y con sus pies tiernos y descalzos, bailar sobre las uvas que, cubo tras cubo, eran vaciadas en grandes tinas de madera, haciendo que su jugo suave se deslizara para crear los vitales vinos dulces, imprescindibles en la mesa gallega. En aquellos días festivos y de asueto, la familia en carreta se movía hacia la ternura infinita con que abrazó a cada uno de sus hijos e hijas, a sus nietos y bisnietos que tanto amó. Con sólo 17 años abandonó su aldea, su familia, sus sueños . . . Agustín e Isabel tuvieron que tomar una determinación: o dejaban a su hijo mayor alistarse al Servicio Militar y servir de carne de cañón en la guerra con Marruecos o salía al mundo a buscar otros parajes y destinos. Preservar la vida era decisivo y así fue. Agustín Martínez e Isabel Souto (foto cedida por Enrique Martínez López) el centro de la aldea, con cestas de pan, quesos, filloas, jamón y vino, para hacer la merienda y cantar bajo los árboles amorosos que acogían en su seno, anchos y frondosos, a los vecinos del lugar. En estos momentos se vestía mejor la familia, se estrenaban vestidos, alpargatas y camisas, pues una vez al año el papá Agustín traía telas del pueblo y la madre Isabel le cosía a la prole una muda de ropa de andar y otra de salir; era así, no había otras posibilidades. Pablito, a pesar de la limitaciones de educación, adquirió una habilidad inmensa para los números, ejercitó una memoria prodigiosa para contar, que lo acompañó siempre y le fueron de mucha utilidad en sus futuras ocupaciones, y para memorizar nombres de lugares, de ríos, montañas de su querida patria . . ., y su letra tan bella, pura y firme parecía de maestro. Con orgullo decía después que era "Tenedor de Libros", tanta contabilidad pasó por sus manos, honradas y puras. El campo siempre lo acompañó, aún cuando cruzó mares para establecerse finalmente; de su infancia guardó el amor al trabajo y Era el año 1924, tiempos difíciles para las familias labriega, pobres, numerosas de las aldeas españolas. El abuelo Agustín embargado de dolor embarcó a su hijo mayor en un barco llamado “Ahorita”, sin saber siquiera si lo volvería a ver algún día, hacia una isla del Caribe, donde se sabía ya vivían muchos gallegos; al menos se libraría de la posibilidad real de morir. Pablo nunca más vió a sus padres, ni a muchos de sus hermanos que nacerían después. ¡Debe ser triste tener hermanos, sangre de tu sangre, que no conoces! Y así fué. Nacerían después de su partida: Pura, Carmen, Jesús y Enrique. De a poco se recibirían, años después, cartas con noticias de la muerte de hermanos y hermanas, y lo más duro, la de sus padres. Pablo traía la ilusión de hacer dinero y poder ayudar a sus padres, contribuir a la economía doméstica de una familia que crecia y con la responsabilidad de ser el hermano mayor. Esa aspiración y deseo nunca se harían realidad, quedaron en la quimera de sus sueños. Continuará . . . Este vaise i aquel vaise, e todos, todos se van, Galicia, sen homes quedas que te poidan traballar. Tés, en cambio, orfos e orfas e campos de soledad, e nais que non teñen fillos e fillos que non tén pais. E tés corazóns que sufren longas ausencias mortás, viudas de vivos e mortos que ninguén consolará. Rosalía de Castro 5 Maio 2015 Historias de Coirós OIS COMO PUNTO ESTRATÉXICO MILITAR [...] podrá ponerse en un estado respetable si se construyen algunas obras de campaña en la lomas que se elevan al lado de los lugares de Loureyro y Chora que se hallan sobre el río cuya distancia será de 180 toesas aproximadamente, y podrían unirse estas dos obras con una trinchera. El fuego de las dos obras enfila las vueltas del camino en la bajada de la Cuesta de la Sal. Manuel Fiaño Sánchez A partir de outubro de 1807 España sufriu a invasión do exército francés e o país foi ocupado polas forzas de Napoleón. En vista da situación, o 2 de maio de 1808 xurde en Madrid un levantamento popular contra as tropas invasoras, movemento que axiña se estenderá por todo o país, iniciándose deste xeito a «Guerra da Independencia» que vai durar ata 1814. Nesta guerra vai participar tamén o exército inglés, gran enemigo dos franceses, destacando as figuras do xeneral escocés Sir John Moore. Moore chegou a Salamanca co seu exército o 13 de novembro de 1808 e será perseguido cara a Coruña polas tropas francesas ao mando do mariscal Soult. Os dous exércitos van percorrer o Camiño Real que, entre outras poboacións, pasa por Ois, entre o día 8 de xaneiro de 1809, en que saen os ingleses de Lugo, e o día 11 en que os franceses do mariscal Soult atravesaron as vinte leguas que separaban Lugo de Betanzos. Os ingleses chegaron a Betanzos na noite do día 9 de xaneiro, co fin de embarcar no porto da Coruña o antes posible e salvarse da persecución francesa. Os pasos sobre os ríos nos tramos de percorrido obrigatorio dos exércitos polo chamado «camiño real» tiveron especial relevancia. Así, tal como relata Alfredo Erias no seu traballo «A invasión francesa de 1809 vista desde Betanzos (I)», publicado no Anuario Brigantino nº 30: «Ata a Coruña, os ingleses non deixarán unha ponte enteira e, tanto eles como os franceses, sementarán as poboacións do camiño real de destrución vandálica [...] Por iso, e en contra da opinión do concello voaron a medieval ponte das Cascas, primeiro, e, despois, parte da ponte Nova [...] Na ponte do Burgo os franceses atoparon que os ingleses voaran un arco enteiro, estando moi danados os piares próximos». En marzo de 1811, aínda coa Guerra da Independencia en pleno apoxeo, os estamentos militares españois elaboran unha «Memoria descriptiva de las posiciones militares que se hallan desde la ciudad de Betanzos a Villafranca», que se conserva no Archivo Cartográfico y de Estudios Geográficos do exército de terra. Dentro dese traballo de campo, aparece un apartado relativo a Ois, titulado «Memoria acerca de la posición de Ois», realizado por D. Joaquín Escario, 2º axudante do Estado Maior, no que se describe a situación concreta da ponte de Ois, coñecida na actualidade como a ponte da Falcona, sobre o río Fervenzas na estrada N-VI. «A la legua y media de Betanzos en la carretera de Lugo se halla el Puente de Ois que toma su nombre de la parroquia de Santa María de Ois situada en la proximidad del camino y puente sobre la izquierda. El río sobre que está situado el puente conocido 6 igualmente por el Río Ois es el que se va a unir con el Mandeo a la media legua del puente, aún cuando el caudal de este río es corto y más bien debía dársele el nombre de riachuelo, corre por entre los montes del Gato y Salgueiro, que se elevan considerablemente al frente del puente formando un barranco, en lo general inaccesible por su derecha, este disminuye insensiblemente sobre la izquierda siendo la una y la otra ribera del Ois por una parte hasta el Mandeo bastante accesible. El Monte del Gato se empieza a elevar con rapidez desde la misma carretera en las proximidades del Puente y su elevación ya de bastante consideración continúa por más de media legua, no habiendo camino por el sino sendas que sirven para ir a buscar leña los naturales de los Pueblos de la parroquia de Ois. Sus faldas a la espalda del Río Ois son bien pendientes y van a terminar sobre el río Mendo que se une en Betanzos con el Mandeo. El Monte Salgueiro se empieza a elevar desde la confluencia del Ois con el Mandeo, siguiendo sobre la derecha en dirección de las aguas del primero al frente del Puente y su altura es de cerca de media legua. El camino carretero lo va faldeando con continuadas vueltas dándole a esta subida el nombre de Cuesta de la Sal. No se halla camino que baje al estrecho del valle que forma este Monte y el del Gato, sino senderos de gente de a pie». Maio 2015 E seguidamente o informe sinala a posición vantaxosa que representa o punto constituído pola ponte sobre o camiño real para a defensa militar, así como as obras que serían necesarias para asegurar a súa defensa. Propónse realizar unha especie de fortes en Loureiros e Xora, unindo ambos a través dunha trincheira, dada a súa situación estratéxica respecto á baixada da Costa do Sal. «Por la anterior descripción se viene en conocimiento que esta posición es ventajosa para cubrir la avenida del Camino Real, primero porque toda la extensión de ella debe considerarse solo el terreno intermedio el Puente y el Río Mandeo, que aún cuando este no es escarpado y si bastante accesible, podrá ponerse en un estado respetable si se construyen algunas obras de campaña en las lomas que se elevan al lado de los lugares de Loureyro y Chora que se hallan sobre el río cuya distancia será de 180 toesas aproximadamente, y podrían unirse estas dos obras con una trinchera. El fuego de las dos obras enfila las vueltas del camino en la bajada de la Cuesta de la Sal. Segundo, el Río Mandeo fuerte, desde la confluencia de los ríos a Betanzos por la naturaleza de sus orillas más bien que por las aguas a seguir la izquierda; tercero por el barranco y alturas inaccesibles del Monte del Gato, queda asegurada la derecha, solo con la colocación de un pequeño Cuerpo que se sitúe sobre sus alturas. A pesar de las ventajas de esta posición para la defensa del Camino Real se halla la contra de que desde el Mesón llamado de Monte Salgueiro que dista legua y media, parte un camino que se dirige por la cima del monte al lugar de San Salvador, descubriendo de este punto el barranco por donde se pasa el Río Ois y atravesando este por el puente de piedra llamado del Asno y sigue el camino a la orilla del río hasta el Puente de Ois. Por el concurso de este camino el Barranco es de ninguna consideración, pero no son los que del Monte Salgueiro se dirigen sobre el Río Mendo, que aunque de mala calidad, son transitables y tienen su salida a Betanzos. Considerando que el Cuerpo que ocupe la posición del Ois sea el mismo que habiendo seguido la marcha por la carretera haiga hecho la defensa del Puente Castellana este deberá dejar fuertes partidas sobre las alturas de Monte Salgueiro que indicarán los movimientos del enemigo sin que deba abandonarse la posición por recelo de que pueda ser envuelta o priven su marcha a La 7 Coruña, primero por la razón de que su marcha es por un terreno desigual y la diferencia de distancia puede conceptuarse en una legua, mientras que la retirada se hará por el camino carretero y siempre a la vista de lo que avancen los enemigos; segundo, cuando por un accidente inesperado hubiesen ganado ya demasiado tiempo sobre el flanco y no fuese posible el arriesgar la marcha por la carretera podrá verificarse el paso a la provincia de Mondoñedo lo que se practicará con solo habilitar un puente sobre el Río Mandeo bajo el lugar de Espenuca, obra que en pocas horas se verificará por lo muy estrecho del río y las peñas que hay en el sirven en el día de paso». A importancia estratéxica de Ois como paso obrigado cara a Betanzos e ao porto da Coruña queda demostrada nos informes dos que aquí se da conta, ao expresar que: «Desde el momento que los enemigos se hayan apoderado de esta posición amenazan al flanco derecho de la de Betanzos pues que es preciso que así suceda, estando casi unidas y perpendicular aproximadamente la una a la otra» Maio 2015 LEMBRANZAS DAS CATRO ALDEAS O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma, a máis forte irmandade (Manuel María). Neste 17 de maio, Día das Letras Galegas, espallemos a nosa querida lingua por todo o mundo. Que todos saiban que no Fogar de Breogán, hai un pobo e unha lingua inmortais. E como dí o anuncio publicitario “Vivamos como galegos”. Henrique do Zoqueiro No ventoso mes de marzo, baixo o signo do zodíaco de “Piscis” naceu un neno nun pequeno pobo galego. Un val verde e fermoso, á carón do Monte do Gato e da Costa do Sal, cun pequeno río con muiños para moer o gran, unha igrexa románica e moitas árbores frutais. E todo ao seu arredor, bosques de piñeiros, castiñeiros e carballos. Un verdadeiro mosaico de beleza. Ao pouco tempo douse conta da sorte que tiña, pois todo era fermosura. O verde da paisaxe, o voar e o canto dos paxaros, e a lúa brilando na noite estrelada. Aprendeu a dicir: Nai, pai, avós. O nome das cousas: Coitelo, eira, noite, estrelas. O nome dos animais: Ovella, porco-teixo, can, esquío, volvoreta, vagalume. O nome dos paxaros: Peizoca, carrizo, merlo, corvo, pega, curuxa, moucho. O nome das árbores: Castineiro, carballo, pexegueiro, cerdeira, abruñeiro… Ata que foi á escola todo era harmonía na súa vida. Alí atopouse cunha barreira, xa que o mestre dicíalle que o “pai” era padre, a “nai” madre, e os “avós” abuelos. O “coitelo” cuchillo, a “eira” era, a “noite” noche, as “estrelas” estrellas, a “lúa” luna, e así cambiando todos os nomes. Non entendía nada, pois os nomes das cousas ensináronllos seus pais e seus avós, e así falaba tamén cos seus amigos. O mestre tiña que estar equivocado. Cando volveu á súa casa pola noite, asomouse pola fiestra da súa habitación, mirou cara ao ceo e caladiñamen te para que non o escoitaran dixo: “O mestre non ten razón, agora é de noite, e o que eu vexo é o ceo, as estrelas e a lúa”. Ao día seguinte o mestre díxolle que tiña que aprender os novos nomes, nunha lingua allea, o castelán. Mais logo que tarde douse conta de que na escola pasábao ben cos compañeiros e gustáballe aprender cousas novas, anque foran en castelán. Así podería chamalas das dúas maneiras. Ao fin e ao cabo non estaba tan mal. Moito lle gustaba ler e escribir, xogar cos compañeiros e facer novas amizades. Tivo tres mestres, D.Miguel, D.Eduardo e D. Manolo. Dos tres aprendeu cousas, pero foi D. Manolo, o que lle deu un pulo na ensinanza e do que ten recordos imborrables, pola súa maneira de ensinar e de empatizar cos alumnos. Mentres quel estivo de mestre, ir á escola era un auténtico pracer. Sempre lle estará agradecido. Tamén ten unha lembranza moi especial de todos os compañeiros que ían con él á escola. 8 Deste xeito, na escola tiña que falar en castelán, e fóra déla falaba en galego, pero vivía e sentía en galego. Tampouco foi ningún trauma, senón mais ben unha aprendizaxe mais como persoa. Nese tempo, a natureza ensinoulle o esforzo e a constancia, vendo as formigas traballar no formigueiro e os paxaros facendo os niños e levándolle a bicada para os paxariños. Tamén aprendeu que mentres que as formigas traballaban, a cigarra-carricanta non facía mais que canturrear. Así no inverno morría de fame e de frío. Esta foi unha metáfora para toda a súa vida. Disfrutou dos sons dos cantos dos paxaros na mañanciña. Os cantos dos merlos pola mañán eran unha sinfonía harmónica para os oídos. O agromar das árbores e a froita madura. As noites estreladas. O amañecer e o solpor. A explosión das cores da natureza na primavera. No outono, as follas dos carballos e Maio 2015 dos castiñeiros caendo e bicando o chan das fragas e das ribeiras, e a cor ocre e verde das árbores, pura poesía. Rematou a escola, e aos 15 anos foise a traballar para a cidade. Foron días duros, pois tivo que deixar a súa casa e a súa familia. Alí na cidade, tomou unha decisión que marcaría para sempre a súa vida, e foi facerse socio do “Círculo de Lectores”. A partires dese momento comezou a súa pasión pola lectura en galego e en castelán, e abríuse unha xanela pola que soñar e sentirse protagonista de historias e de aventuras. Espertou nel ao mesmo tempo a imaxinación, a sensibilidade, a creatividade e un desexo por saber, entender e cuestionar. A partires dese momento, todos os camiños do saber, tíñaos nos seus mellores amigos: Os libros. Ao longo da súa vida, nunca, nunca o defraudaron. Sempre lle foron fieis, pois estaban a súa disposición cando os necesitaba. Nos anos 70, nunha ocasión nesa cidade debruzado nunha rocha preto do mar, a carón da Torre de Hércules, vendo as ondas do mar batir contra os cantís, mirou cara ao ceo e deixando voar a súa imaxinación veu tres pombas brancas voando e deixando mensaxes de Liberdade, Xustiza e Igualdade. Detrás delas, perseguíanas tres corvos grallando: Ditadura, Represión e Inxustiza. Ao pouco tempo, como case todos os galegos tivo que emigrar da súa terra. Na súa equipaxe, ademais de ilusións, entre outras cousas levaba tres libros: Sempre en Galiza de Castelao, Follas Novas de Rosalía e Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro. Durante moito tempo foron o faro que o iluminaron. Nova xente, novas costumes e novas culturas. Adatouse ben, ainda que sempre, sempre levou a súa terra e a súa lingua no corazón. unha herdanza dos nosos devanceiros, pero non pechemos as portas ás outras linguas. Dicía un galego ilustre que “En Galicia “chove”, e no resto de España “llueve”. Chover, llover, rain, pluie, regnen, yû, etc. En todas esas linguas é caer auga das nubes, xa sexa en Galicia, no resto de España, no Reino Unido, en Francia, en Alemaña ou en China. Nunca olvidará unha actuación do grupo galego “Fuxan os Ventos” nun teatro dun pobo lonxano e alleo a Galicia. As letras en galego das cancións e os sons da gaita. É case imposible de explicar as emocións e as sensacións que nese momento sentiu. Era como voar por enriba da nosa terra, vendo o mar, os ríos, a natureza e a maxia dunha terra meiga. Nese intre lembrou ao seu pobo “Santa María de Ois”, ese recuncho no que naceu. Foi un día inesquecible. Ademais das nosas linguas, ogallá tiveramos unha lingua común para poder entendernos mellor. Xa se intentou co “esperanto”, pero hai moitos intereses creados, e non foi para adiante. Unha verdadeira pena. O protagonista desta historia, xa de volta na súa terra, onde están as súa raíces, coa mochila chea de experiencias, ainda que aprendendo todos os días cousas novas, volveu de novo á misma rocha preto do mar, e ao mirar cara ao ceo, imaxinouse outras tres pombas brancas, coas mensaxes de “Traballo, Honestidade e Solidariedade”, e detrás délas, tres corvos grallando “ Paro, Corrupción e Recortes”. A morriña e a saudade levámola sempre dentro de nós. Eso non é óbice para loitar e buscar o futuro onde sexa, pero eso sí, o que poida traballar e vivir en Galicia que o faga. É un luxo, só nos damos conta e botámola de menos, cando estamos lonxe déla. Vivir en Galicia é calidade de vida. Din despectivamente que os galegos estamos na escaleira, e que non se sabe se subimos ou baixamos. Pois ben, hai que reivindicar o dereito a estar na escaleira. Así temos dúas posibilidades para elixir. Ao mellor esta filosofía é a axeitada, e non o estereotipo da indecisión. Dende a primera vez, pasaron case que 30 anos, e os corvos seguen a perseguir as pombas. Os corvos sempre estarán agochados e axexando para derrubar as pombas. Outro día do mes de maio, subiu ao Pico da Felga, e alí sentado sobre un penedo, deixando voar a imaxinación, mirando cara ao seu pobo, volvéronlle os recordos da súa infancia: O tempo da sementeira, da sega, das mallas, da esfolla do mainzo (aqueles contos dos trasgos e das meigas), dos xogos de neno no Campo Novo e no Campo Vello. Nese intre unha vágoa esvaroulle polas meixelas, e o son do móbil rachou ese momento máxico. A lingua galega e o acento ao falala, son fermosos. Falala con orgullo e coa limpa fronte erguida sen complexos, é un sinal de identidade que nos identifica como pobo, dentro do mosaico das demais linguas: Castelán, inglés, francés, alemán, chinés, etc. Agora ben, as linguas teñen que ser un elo na cadea cultural do mundo. Defendamos a nosa lingua. É 9 Maio 2015 Comezou a orballar e ao mirar de novo cara ao seu pobo, veu brilar as cores do arco da vella que o abrazaba todo. Verdadeiramente o seu pobo era prodixioso. O son do móbil volveuno á realidade dende a súa infancia. Dende que xogaba cos escopetós de bieiteiro, co aro e coa villa e co palán, ata a tecnoloxía actual, hai un fío condutor, que é a evolución da persoa e da sociedade. Aínda así, sempre voltamos ás nosas raíces. O que non ten raíces ou renega délas, pásalle como á árbore que non as ten ben fondas. Cando fai vento forte, a árbore dobra. Pensou na sua infancia: humilde pero chea de amor e felicidade. Na adolescencia e na xuventude: Ilusións, soños, inconformismo e gañas de cambiar as cousas, e na idade adulta: plenitude como persoa, o cumio vital, que non é outro que o de acadar un certo estatus social, unha parella coa que convivir, disfrutar dos fillos, e por enriba de todo, ser feliz e facer felices aos demais, especialmente aos que de verdade queres e aos que te queren. Sempre houbo unha frase que o guiou: “Cada novo día é unha oportunidade para ser feliz”. Baixando do cumio do Pico da Felga, polo Camiño de Fontechás, das Cordas e das Pedreiras, deixou de orballar e fuxiu chorando o vento. Unha suave e apacible placidez envolveuno todo, e a natureza mostrouse con todo o seu esplendor: Un pito carpinteiro saíndo do niño no oco dun carballo, un esquío comendo landras, unha pega no seu niño na galladura dun piñeiro, un gabián voando á procura de comida, as abellas libando nas flores das carqueixas e o trilo dos paxaros voando ao seu arredor. Chousas con piñeiros, carballos, castaños, freixos, bidueiros, salgueiros, ameneiros, toxos, xestas e fieitos, todos eles cun arrecendo embriagador. Coma se todo o que o rodeaba se mexese nun berce, e que as árbores e os animais falaran na nosa doce lingua, tal era o feitizo que sentía. madre-mother, coitelo-cuchilloknife, noite-noche-night, estrelas-estrellas-stars, ou volvoreta-mariposa-buterflay, non son mais que distintas maneiras de chamar as mesmas cousas. O importante son as persoas, os cidadáns, sexan de onde sexan, sempre que todos respecten as distintas formas culturais dos demais. As nosas Catro Aldeas, Galicia, España, Europa e os demais continentes forman unha pequena aldea global no infinito do universo, no que habitamos persoas de moi diversas culturas. Canto mais se viaxa, mais nos damos conta do pequeno que é o mundo, e de que todo é relativo segundo onde esteamos. Nese intre, un lóstrego rachou a tranquilidade e amosouse amodiño unha néboa calada que o foi cubrindo todo. A vida parouse, e nesa soidade semellaba que os encantos e os trasgos eran os donos dese lugar marabilloso, e que tanto os animais coma as árbores, tíñanlles que render pleitesía. Cantos desexos de ficar durmindo no cólo dese cadro máxico. Nesta sociedade tecnolóxica da información e das comunicacións (TIC) en tempo real, onde a incorporación da muller ao traballo e a igualdade home-muller, e un feito que a todos nos enriquece; coido que estamos a facer unha sociedade mais plural e mellor, mais libre, mais responsable e mais secularizada, respectando eso sí todas as formas de pensar, agás aquelas totalitarias. Entre lusco e fusco, chegando xa ao seu pobo, sentíuse feliz, cun equilibrio emocional gañado cos anos, e dábase conta do importante que é ser e sentirse galego, o poder volver á súa terra de novo, despois de anos fóra déla. Que ledicia contida sentía no mais fondo do seu ser. Dende a atalaia dos anos vividos, só unha pequena reflexión: Non podemos deixarnos levar pola rutina, polo aburrimento e pola apatía, a vida e fermosísima e hai que vivila con intensidade segundo a etapa da vida que nos vai tocando vivir. Nestes tempos tan materialistas e hedonistas, semella que temos que agochar os nosos sentimentos. O amor, a amizade e as emocións non teñen idade. ¿Qué persoa non é capaz de emocionarse co sorriso dun neno, pasear coa parella, escoitar unha boa cantiga, ou ler un libro?. Tantas e tantas cousas que semellan ser sinxelas, pero que son o motor da nosa vida. Que mellor homenaxe a nosa lingua neste 17 de maio, que ademais de falala con agarimo, sintámonos parte do noso querido Fogar de Breogán. Hoxe, lembra aos primeiros nomes que aprendeu, primeiro en galego, logo en castelán e xa na madurez en inglés, e na sociedade actual globalizada e multicultural, chega a conclusión de que: Pai-padre-father, Nai- Todas as persoas, ao longo da súa vida tiveron un momento no que entraron no túnel oscuro da vida (enfermidades, desgrazas, desamores, etc.). Sempre hai que loitar por saír del, ao final está a luz, e a esperanza. Nesta data tan importante para os galegofalantes, compre traer a colación tres asuntos socialmente preocupantes, como son o paro, a corrupción e a 10 Maio 2015 violencia de xénero. O paro, porque hipoteca as vidas de moitas persoas. A corrupción, porque é o cancro da sociedade, e a violencia de xénero, porque é unha violencia física e psíquica que como manifestación da discriminación, da situación de desigualdade e das relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre elas por parte dos homes. E que dicir dos desafiuzamentos, especialmente de persoas maiores, ou de parellas con nenos pequenos. Non hai dereito. Ben é certo que non todos os casos son iguais, e non se pode criminalizar aos propietarios de mais dunha vivenda. En todo caso, os bancos si teñen moita responsabilidade. A solución pasa por mais vivendas de aluguer a prezos mais asequibles. Unha noite tiven un soño: Que desaparecera o paro, que xa non había mais corrupción , que as mulleres e os homes vivían nunha sociedade igualitaria e xusta, sen malos tratos e que todo o mundo tiña unha vivenda digna na que poder vivir. Pola mañá espertei e deime conta de que fora un soño. Pois ben, os soños son posibles, e temos que loitar por eles. Malia á dificultade, ogallá sexamos capaces de alcanzalos. Asemade, que o vindeiro 17 de maio do 2016, sexa o da recuperación definitiva da nosa lingua galega. Para rematar, só unha pequena homenaxe a todos os escritores (homes e mulleres) que cos seus libros, conseguiron que disfrutaramos e nos fixeramos mais libres e autocríticos, nas distintas linguas. Só unha pequena mostra: En lingua galega: Castelao, Rosalía, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Rivas. En lingua castelán: Cervantes, Concepción Arenal, Cela, García Márquez e Vargas Llosa, e noutras linguas: Goethe, Víctor Hugo, Shakespeare, Dante, Allan Poe, Camoéns, Tolstoi, Dostoyevski, Rousseau, Nietzsche, Kafka, Kant…. DESAFIO, enfréntao. A VIDA É UN DEBER, cúmpleo. A VIDA É UN XOGO, xógao. A VIDA É UN TESOURO, cuídao. A VIDA É UNHA RIQUEZA, consérvaa. A VIDA É AMOR, gózao. A VIDA É UN MISTERIO, descúbreo. A VIDA É UNHA PROMESA realízaa. A VIDA É TRISTEZA, supéraa. A VIDA É UN HIMNO, cántao. A VIDA É UNHA LOITA, acéptaa. A VIDA É UNHA AVENTURA, arríscate. A VIDA É FELICIDADE, merécea. A VIDA É VIDA, deféndea. A VIDA SEMPRE MERECE A PENA VIVILA, vívea E tamén un recoñecemento moi especial para aqueles que coa súa música nos fixeron e nos fan soñar e disfrutar en todas as linguas: Fuxan os Ventos; Luar na Lubre; Milladoiro; Carlos Núñez; Santana; Pink Floyd; Génesis; Nirvana; Bob Dylan; John Lennon; The Who, U2; Roxette; Abba; The Mamas & The Papas… Neste 17 de maio, Día das Letras Galegas, espallemos a nosa querida lingua por todo o mundo. Que todos saiban que no Fogar de Breogán, hai un pobo e unha lingua inmortais. E como dí o anuncio publicitario “Vivamos como galegos”. A literatura e a música non teñen fronteiras, lese, escoítase, disfrútase e nada mais. Este sinxelo artigo, pode ser a historia de calquera neno ou nena da nosa xeneración das Catro Aldeas (Loureiros, Xora, Recebés e Castrillón). Naquel xantar en Betanzos co mestre D.Manolo, todos falando na nosa querida lingua galega, coido que dalgún xeito fomos capaces de espertar, lembrar e sentir sensacións da nosa infancia e da adolescencia que nalgúns de nós, semellaban estar durmidas. Como colofón a todo o antedito, neste intre de crise e de desacougo, un recoñocemento á vida en calquera parte do mundo, sen distincións de linguas nin culturas, en palabras dunha muller boa e xenerosa: A Madre Teresa de Calcuta. A VIDA É UNHA OPORTUNIDADE, aproveítaa. A VIDA É BELEZA, admíraa. A VIDA É UN SOÑO, faino realidade. A VIDA É UN UNHA CURIOSA COLECCIÓN Unha curiosa colección, composta por un número considerable de exemplares de coches en miniatura é a que reuniu ao longo do tempo o veciño de Coirós, Alfonso Lugilde. Este aficionado ao mundo do motor conta con un bo número de modelos antigos a escala, entre os que se poden ver un Ford Capri 28 GL, Lamborghini de 1988 ou un Mini Cooper. Nas imaxes só se reproduce unha pequena mostra da variedade coa que conta este coleccionista. Alfonso, que comezou desde moi pequeno esta curiosa colección, segue día a día incrementándoa, sempre atento aos modelos que saen ao mercado. 11 Maio 2015 Socios protectores Espenuca, 3 - Coirós Tfnos: 981796327 / 689535786 www.restaurantelapaz.com La Paz Banquetes Bautizos Comuniones Comidas de empresa Restaurante Actividades infantiles Paseo en poni, hinchables, cañón de espuma Certificado de Eficiencia Energética Necesario para vender y alquilar inmuebles Visita www.ingenieru.com ESTACIÓN DE SERVICIO COIRÓS 981 796 645 628 800 786 Queirís, 63. 15136 COIRÓS (A Coruña) Destinatario [email protected] Remite S.C.R.D. FILLOS DE OIS Santa María de Ois FILLOS de OIS Coirós 15316 A Coruña Sociedade cultural, recreativa e deportiva Fillos de Ois. Santa María de Ois. Coirós. 15316 A Coruña. [email protected]
© Copyright 2024